Para obter as últimas actualizacións deste arquivo Léame, consulte www.openoffice.org/welcome/readme.html
Prezado usuario
Este ficheiro contén información importante sobre este programa. Léaa con atención antes de iniciar o seu traballo.
A comunidade OpenOffice.org, responsábel do desenvolvemento deste produto, desexa convidalo a facer parte dela. Como novo usuario, pode visitar o sitio de OpenOffice.org, que contén información útil, en
www.openoffice.org/about_us/introduction.html
Lea tamén as seccións abaixo indicadas sobre como familiarizarse co proxecto OpenOffice.org.
OpenOffice.org é libre de usar por calquera persoa. Vostede pode coller esta copia de OpenOffice.org e instalala en tantos computadores como queira, e usalo para calquera propósito que queira (incluído comercial, gobernamental, administración pública e uso educativo). Para máis detalles vexa a licenza entregada canda o OpenOffice.org ou http://www.openoffice.org/license.html
Vostede pode usar hoxe esta copia de OpenOffice.org libre de cargo porque, persoas individuais e patrocinadores corporativos deseñaron, desenvolveron, testaron, traduciron, documentaron, deron soporte, publicidade e axudaron doutras moitas maneiras a facer OpenOffice.org o que é hoxe en día - a suite ofimática máis importante do mundo feita con software libre.Se vostede aprecia os seus esforzos e quere asegurarse que OpenOffice.org continúe nun futuro, por favor, considere contribuír no proxecto - vexahttp://contributing.openoffice.orgpara máis detalles. Todo o mundo ten unha contribución que facer.
Requirimentos do sistema
Hai unha grande variedade de distribucións de Linux, e incluso coa mesma distribución pode haber diferentes opcións de instalación (KDE vs Gnome, etc.). Algunhas distribucións traen a súa versión propia de OpenOffice.org, a cal pode ter diferentes características da versión da comunidade de OpenOffice.org. Ás veces pode instalar a versión da comunidade de OpenOffice.org xunto coa versión da distribución. No entanto, normalmente é máis seguro eliminar a versión da distribucións antes de instalar a versión da comunidade. Consulte a documentación da súa distribución para obter instrucións de como facer isto.
Recoméndase que sempre faga unha copia de seguranza do seu sistema antes de engadir ou eliminar software.
Se ten problemas ao iniciar OpenOffice.org (especialmente usando Gnome), desconfigure a variábel de contorno SESSION_MANAGER da shell utilizada para iniciar OpenOffice.org. Pode facer isto engadindo a liña "unset SESSION_MANAGER" ao inicio do script da shell de StartOffice que se encontra no directorio "[cartafol Office]/program".
Os problemas ao iniciar OpenOffice.org (p.ex. aplicativo colgado) ou os problemas coa pantalla soen ser debidos aos controladores da tarxeta gráfica. Se ocorre este problema, actualice os controladores da súa tarxeta gráfica ou trate de usar os controladores que se lle entregaron co sistema operativo. Os problemas para mostrar obxectos 3D soen solucionarse desactivando a opción "Usar OpenGL" no menú 'Ferramentas - Opcións - OpenOffice.org - Ver - Visualización 3D'.
Lembre que o recurso de copiar e colar a través do portapapeis entre OpenOffice.org 1.x e OpenOffice.org 3.1 pode non funcionar no formato de OpenOffice.org. Se ocorre isto, escolla Editar - Colado especial e seleccione un formato diferente de OpenOffice.org ou abra directamente o documento en OpenOffice.org 3.1.
Asegúrese de que ten suficiente memoria libre no directorio temporal do seu sistema e que posúe dereitos de lectura, gravación e execución. Peche todos os outros programas antes de iniciar a instalación.
As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en OpenOffice.org son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en OpenOffice.org conforme se describe na Axuda, verifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de OpenOffice.org. Para obter máis información, consulte a Axuda de OpenOffice.org ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.
Debido a un conflicto cos métodos de entrada en múltiples plataformas, os seguintes atallos de teclado necesitaron ser cambiados no último momento:
O bloqueo de arquivos está activado por defecto en OpenOffice.org. Para o desactivar, ten que configurar correctamente as variábeis de contorno SAL_ENABLE_FILE_LOCKING=0 e exportar SAL_ENABLE_FILE_LOCKING. Estas entradas xa están deshabilitadas no ficheiro do script de StartOffice.
Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, OpenOffice.org ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun directorio montado por medio de NFS nun computador con Linux.
Para información das características de accesibilidade de OpenOffice.org, vexa http://www.openoffice.org/access/.
Cando instale o software, non deixe de completar o proceso mínimo de rexistro do produto. Aínda que o rexistro é opcional, animámolo a facelo, pois esa información permite á Comunidade desenvolver un software ofimático aínda mellor e atender directamente as necesidades do usuario. Coa política de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais. Se non realizou o rexistro durante a instalación, poderá facelo en calquera momento premendo en "Axuda >Rexistro" desde o menú principal.
Hai tamén unha enquisa en liña para o usuario que lle pedimos que cubra. Os resultados axudarán a OpenOffice.org a estabelecer, máis rapidamente, novos estándares para a creación do paquete ofimático de próxima xeración. A través da súa politica de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais.
A páxina principal de soporte http://support.openoffice.org/ofrece varias opcións de axuda para OpenOffice.org. A súa pregunta pode xa estar respostada - consulte os Foros da Comunidade.http://user.services.openoffice.orgou busque nos arquivos da rolda de correo 'users@openoffice.org' en http://www.openoffice.org/mail_list.html. Tamén pode mandar as súas preguntas a users@openoffice.org. Como subscribirse á rolda (para obter un correo-e coa resposta) está explicado nesta páxina: http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Website/Content/help/mailinglists.
Alén diso, consulte a sección de preguntas máis frecuentes (FAQ) enhttp://wiki.services.openoffice.org/wiki/Documentation/FAQ.
O sitio web de OpenOffice.org aloxa o IssueZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, rastrexo e solución de bugs e problemas. Incentivamos os usuarios a que se sintan libres para redactaren informes acerca dos problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer para o desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.
A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.
Como usuario, vostede xa é unha parte valiosa do proceso de desenvolvemento do conxunto mais gustaríanos incentivalo a desempeñar un papel aínda máis activo como colaborador habitual da Comunidade. Asóciese e visite a páxina de usuario en: www.openoffice.org
A mellor maneira de comezar a contribuír é inscribirse nunha ou máis listas de mensaxes, observar por un tempo e usar gradualmente os arquivos de mensaxe para se familiarizar con algúns dos temas tratados desde que o código fonte de OpenOffice.org foi liberado en outubro de 2000. Cando se sinta máis cómodo, o único que ten que facer é enviar un correo electrónico de presentación e comezar a participar. Se está familiarizado cos proxectos relacionados co código fonte, examine a nosa lista To-Dos e vexa se hai algo no cal lle gustaría axudar enhttp://development.openoffice.org/todo.html.
Velaquí algunhas das listas de mensaxes do proxecto a que se pode subscribir http://www.openoffice.org/mail_list.html
Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con códigos ou deseño de software. Si, vostede mesmo!
Enhttp://projects.openoffice.org/index.htmlencontrará proxectos que varian desde a localización, porting e groupware até alguns proxectos reais de codificación central. No caso de non ser programador, probe co proxecto de documentación ou co de marketing. O proxecto de marketing de OpenOffice.org está a aplicar técnicas comerciais arriscadas e tradicionais para comercializar o software de código aberto, rompendo barreiras culturais e de idioma. Por iso, pode axudarnos simplemente recomendando a un amigo este paquete ofimático.
Pode axudar asociándose á Marketing Communications & Information Network en:http://marketing.openoffice.org/contacts.htmlonde pode fornecer un punto de comunicación e contacto cos xornais, medios de comunicación, axencias gobernamentais, consultores, escolas, grupos de usuarios de Linux e programadores, tanto no seu país como na súa comunidade local.
Esperamos que aprecie traballar co novoOpenOffice.org 3.1 e que se xunte a nós en liña.
A comunidade OpenOffice.org
Partes con Copyright 1998, 1999 James Clark. Partes con Copyright 1996, 1998 Netscape Communications Corporation.